Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

XOSÉ POLDRAS, Catro gravados para «O neno preguntaba», de Celso Emilio Ferreiro

19 diciembre, 2019/20:30 - 21:30

Catro gravados para O neno preguntaba de Celso Emilio Ferreiro, é unha carpeta de gravados para coleccionistas de arte, bibliófilos, e público xeral, inspirados no evocador poema de Celso Emilio do mesmo nome.
Presenta o acto e contextualiza Xabier de Sousa, gravador; Interveñen, Luis Ferreiro, presidente da Fundación Celso Emilio Ferreiro, Fernando Cid, profesor de lingua e literatura galegas, Cecilia Rodríguez García, violinista e o autor.
Ficha técnica da obra:
Catro gravados de Xosé Poldras, con matriz de linóleo, estampados sobre papel Michel de 400 gr., cor branco roto, de 37 x 25 cm.
A reprodución dixital do poema de Celso Emilio Ferreiro. Coa autorización para reproducir o texto de Luis Ferreiro e á Fundación Celso Emilio Ferreiro.
A edicións consta de
1 proba de cor
1 B.A.T.
10 P.A. numeradas en romanos do I/X ao X/X
e 100 numeradas do 1/100 ao 100/100.
A linguaxe plástica máis característica do autor adáptase, nesta obra, á mensaxe do poema, sen chegar a crear imaxes que poidan considerarse ilustracións, máis ben evocacións. Dúas delas oníricas, unha documental, baseándose en fotografías de Celso Emilio neno, e outra pseudodocumental, a recreación da praza de Celanova, incorporada ao poema en forma de banda
deseñada.

Algúns datos de Xosé Poldras:
Doutor en Belas Artes. Estudou en Salamanca, den Bosch e Maastricht (Holanda) e Vigo.
Obra en:
Biblioteca da Universidade de Vigo, Campus Ourense.
Biblioteca Nacional de España.
Museo de la Cultura del Vino Dinastía Vivanco, A Rioxa.
Bienal Internacional de Vila Nova de Cerveira.
Colección “Arte de Nuestra América” La Habana. Cuba.
Museo Majdanek de Lublin, Polonia.
Embaixada de Taiwan en España
Museo Etnológico de Ourense.
Colección de Artes Plásticas da Deputación de A Coruña, Deputación de Ourense.

Outras carpetas de X. Poldras con poemas:
Luva negra, con poemas de Alicia López

In tempus veritas, con poemas de Xabier Ron

Soños da morada aberta, con textos de Eloi Hervella

Traballar cansa, cun poema de Cesare Pavese.

Detalles

Fecha:
19 diciembre, 2019
Hora:
20:30 - 21:30
Categorías del Evento:
, ,
Etiquetas del Evento:

Local

Apo’strophe.arte
Plaza Francisco Fernández del Riego s/n
Vigo, Pontevedra 36203 España
+ Google Map
Teléfono
680159639
Ver la web del Local