- Este evento ha pasado.
PETRONILA DAZA, Raizame
25 enero, 2020
Último traballo da poeta compostelá Petronila Daza González editado por Tarqus.
Trátase dun poemario no que denuncia o tema da Mutilación Xenital Feminina e o que vive a muller nos campos de refuxiados en África.
África é unha terra e un continente que están moi ligados á vida da poeta dende hai tempo. A través dos poemas, a poeta pretende que o lector tome conciencia da situación das mulleres e nenas nun continente no cal deben cambiar moitas cousas para o exercicio dos plenos dereitos humanos.
Na presentación, a poeta estará acompañada por Rosario Miloro Costas, (Charo Miloro), escritora e amiga da autora.
Vídeo da presentación de RAIZAME